Módulo · Finanzas

Facturación con serie propia e contabilidade.

Facturas emitidas desde os portes do mes, con numeración propia e PDF, enviadas ao correo de administración de cada cliente. E o control do cobrado, o pendente e o vencido, co IVE por trimestre.

Inclúe o Núcleo: usuarios, fichas, A miña empresa, auditoría e copias

Próbao

Factura o mes.

Emite as facturas de outubro, envíaas e márcaas como cobradas. A data do cobro pona o servidor.

Próbao · É Serge en miniatura: preme o menú, adxudica unha carga, emite o DeCA e factura. Datos ficticios
app.sergelogistics.com en directo
O que resolve

Do porte á factura, e da factura ao cobro.

Antes

Pasar a man os portes do Excel á factura de cada cliente.

Con Serge

A factura sae dos portes do mes, con serie propia e o seu PDF.

Antes

Non saber quen debe que ata repasar o banco.

Con Serge

Cobrado, pendente e vencido, por cliente, nunha soa pantalla.

Antes

Calcular a final de trimestre o IVE das facturas emitidas.

Con Serge

IVE repercutido por tipo e por trimestre, calculado ao momento.

Como funciona

Un mes, de principio a fin.

  1. 01

    Pecha o mes

    Os portes do mes por cliente, co que vai sen prezo á vista.

  2. 02

    Emite

    Unha factura por cliente desde os seus portes, con numeración propia e vista previa.

  3. 03

    Envía

    Cada factura, co seu PDF, ao correo de administración do seu cliente.

  4. 04

    Cobra

    Marca o cobrado; o pendente e o vencido quedan á vista.

Todo o que inclúe

As contas da túa empresa, ao día.

01

Facturas desde os portes

Do libro do mes á factura, sen volver teclear.

02

Serie e numeración propias

Numeración correlativa e PDF de cada factura.

03

Rectificativas e abonos

Sempre co seu motivo.

04

Envío a cada cliente

Ao correo de administración da súa ficha.

05

Cobros

Cobrado, pendente e vencido, coa data de cobro que pon o servidor.

06

IVE por trimestre

IVE repercutido por tipo e por trimestre.

07

Pagos a colaboradores

O que pagas por porte a cada colaborador, no mesmo sitio.

08

Cadre do mes

O facturado fronte ao transportado, para que non quede nada sen facturar.

Preguntas

Acerca deste módulo.

As facturas levan a miña numeración?

Si, con serie propia e numeración correlativa.

Podo rectificar unha factura?

Si, con rectificativas e abonos, sempre co seu motivo.

Necesito Operacións?

Non é obrigatorio, pero con Operacións as facturas saen directamente dos portes do mes.

Factura o mes
nunha mañá.

Amosámoscho cos teus propios portes. Os módulos contrátanse á carta e o prezo exacto dámoscho pechado na demo.